UARA

NEURORREHABILITACIÓN INFANTIL E ADULTOS en pontevedra

QUE É UARA?

Terapia ocupacional e logopedia para persoas con patoloxía neurolóxica, en todas as etapas da vida. Valoración inicial e tratamento individualizado en Pontevedra.

OS NOSOS SERVIZOS

Terapia Ocupacional

Recuperar a autonomía nas actividades cotiás tras un ictus, un TCE ou un diagnóstico do neurodesenvolvemento. Para adultos e nenos con afectación neurolóxica.

Logopedia

Atención especializada para as alteracións da comunicación, da linguaxe e da deglución de orixe neurolóxica. Adultos e infancia con diagnósticos neurolóxicos ou do neurodesenvolvemento.

Orientación Social

Asesoramento en discapacidade, dependencia, axudas económicas e recursos administrativos. En colaboración con traballadora social especializada, para quen o proceso non remata na clínica.

Como empezamos

Ponte en contacto

Escríbenos ou chámanos para contarnos brevemente a situación. Non fai falta derivación médica nin ningún informe previo.

Valoración inicial

Facemos unha avaliación completa coa persoa e, cando é pertinente, coa familia. Usamos instrumentos estandarizados para entender ben o punto de partida antes de propor ningún plan.

Plan individualizado

Deseñamos un plan con obxectivos claros e medibles, adaptado á etapa vital e ao contexto da persoa. Explicámoscho todo antes de empezar e revisamos o proceso de forma periódica.

Estamos no centro de Pontevedra

Teléfono

+34 613 72 00 79

Email

info@uara-neuro.es

Dirección

Galerias Centro Azul, nº14 (Joaquin Costa, nº19). Pontevedra. 36001

Envía unha mensaxe